pechar x
O proxecto

O proxecto

O proxecto

O proxecto

Ven a Fene.

sempre hai algo para ti.

Benvido a Fene Vivo

O principal obxectivo do proxecto é poñer en valor o coñecemento do Mar de Fene así como a actividade cultural, deportiva, gastronómica e de lecer que rexistra o concello entre os turistas e visitantes.

A vida do Mar de Fene normalmente non é visualizada polos viaxeiros que chegan ao concello, polo que pretendemos realizar accións dirixidas a valorizar a historia, a cultura e tradicións baseadas nos seus produtos, oficios, lugares de interese e a actividade social que as xentes de Fene e as súas entidades teñen arredor do mar.

Crearemos unha rede de prescritores que poña en valor todo o relacionado co mundo do Mar de Fene, no que son centrais o sector pesqueiro, o tecido asociativo e o sector hostaleiro, coa finalidade de establecer relacións e desenvolver accións de formación dos actores principais e de divulgación dos nosos produtos o máis preto posible do punto de produción.

Como continuación das dúas edicións anteriores, nas que se concluíu a importancia que o turismo ten para valorizar e comercializar os nosos produtos, o Concello pon en marcha o programa ‘Fene Mar Vivo Plus proxecto que se desenvolve ao abeiro do Programa FEMP 2014-2020 da Consellería do Mar, tramitado no GALP Golfo Ártabro Norte na convocatoria 2020.

Obxectivos

  • Amosar o concello de Fene a través do escaparate web www.fenevivo.gal como un destino no que sempre hai experiencias por vivir: en contacto coa natureza, nomeadamente co mar, visitando a lonxa, gozando dun evento cultural ou deportivo, ou saboreando as diversas propostas gastronómicas.
  • Artellar a Rede Fene Mar Vivo, integrada por actores sociais, entidades culturais e deportivas, empresarios de turismo, confraría, sector comercial e hostaleiro, etc., que traballen conxuntamente para comunicar un destino atractivo e con amplas potencialidades.
  • Deseñar produtos turísticos que redunden na divulgación e protección do sector pesqueiro e nos que participen activamente entidades culturais, deportivas e de lecer, comercio local, sector hostaleiro, etc.

 

 

MEMORIA DE RESULTADOS (ANUALIDADE 2018)

  • Adxuntamos un documento en PDF coa memoria final dos resultados conseguidos para o proxecto FEMP, Fene Vivo segundo o proxecto presentado inicialmente.

    [Descarga PDF]

MEMORIA DE RESULTADOS (ANUALIDADE 2020)

  • Achegamos un documento en PDF coa memoria de execución dos resultados acadados para o proxecto FEMP, Fene Mar Vivo II, segundo o proxecto presentado inicialmente.


    [Descargar PDF]

 

MEMORIA DE RESULTADOS (ANUALIDADE 2021)

  • Achegamos un documento en PDF coa memoria de execución dos resultados acadados para o proxecto FEMP, Fene Mar Vivo Plus, segundo o proxecto presentado inicialmente.

                  [Descarga PDF]

Mariscos Barallobre
Concello de Fene
Grupo de Acción Local do secot Pesqueiro Golfo Ártabro Norte
Consellería do Mar. Xunta de Galicia
Fondo Europeo Marítima e da Pesca
Fene Vivo
Un proxecto do Concello de Fene e da Confraría de Barallobre.

Praza do alcalde Ramón José Souto González, s/n 15500 - Fene (A Coruña)

981 492 707

rede@fenevivo.gal